13/03/14
Rianxo inaugura a Sede Electrónica do Concello, que permitirá aos cidadáns realizar os seus trámites por internet. Rianxo dá o salto cara a unha administración sen papel.
13/03/14
A implantación da Administración Electrónica na xestión municipal supón unha nova forma de relación entre a Administración e os cidadáns, xa que abre a posibilidade de relacionarse por internet con plenas garantías legais, de confidencialidade, seguridade e sinxeleza.
13/03/14
A nova sede vai permitir a cidadáns e empresas a presentación, por vía telemática, da totalidade de instancias e solicitudes dirixidas ao Concello.