Anuncio de consulta pública sobre o proxecto de Ordenanza municipal non fiscal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas, con motivo da execución de cortas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Rianxo
Sométese a consulta pública o proxecto de Ordenanza municipal non fiscal para a protección e conservación dos camiños e vías públicas, con motivo da execución de cortas, depósito, carga e transporte de madeira no termo municipal de Rianxo, para recoller a a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representantivas potencialmente afectadas pola futura norma, co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración das normas.