Sede electrónica Concello de Rianxo

16:19:36 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de débedas

O procedemento de "Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas" ten por obxeto que o obrigado tributario a un pago coa entidade local, cando a súa situación económico-financiera lle impida de forma transitoria efectuar o pago nos prazos establecidos, poida solicitar o seu aprazamento ou fraccionamento.

O importe será superior a 150 €. No caso de que sexa superior a 6.000 € incorpórase compromiso de aval solidario de entidade bancaria, ou outra documentación prevista no artigo 46.3 do regulamento Xeral de Recadación.  

Para os prazos solicitados e a data de inicio dos pagos, se terá en conta a data de presentación da solicitude, nos termos previstos no artigo 17.12 da Ordenanza de xestión dos tributos e dos ingresos de dereito público de Rianxo. As solicitudes presentadas entre os días 1 e 15 do mes, o día 5 do mes inmediato posterior; as solicitudes presentadas entre os días 16 e último do mes, o día 20 do mes inmediato posterior. 

 

Importe da débeda

150,01 €

a 300,00 €

300,01 €

 a 1.500,00 €

1.500,01 €

a 3.000,00 €

Máis de 3.000,00 €

 

Período máximo de aprazamento / fraccionamento

Tres meses

Seis meses

Oito meses

Doce meses

 

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Instancia.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo. No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Xustificación da existencia de dificultades económico-financeiras.
  • Certificado de titularidade da conta bancaria de cargo.
  • Compromiso expreso e irrevogable da achega de garantía (en caso de concesión do aprazamento/fraccionamento)

Nome: Solicitude de aprazamento ou fraccionamento de Débedas.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.