Sede electrónica Concello de Rianxo

16:40:07 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de demolición

Procedimiento que ten por obxecto levar a cabo a execución dunha demolición (salvo as derivadas de resolucións de expedientes de restauración da legalidade urbanística), conforme ao artigo 351 RLSG e art 142 LSG. Este acto estará suxeito a licenza municipal, sen prexuízo das autorizacións que fosen procedentes de acordo coa lexislación sectorial aplicable.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de demolición.
  • Proxecto Técnico (Básico e/ou de Execución), visado polo correspondente Colexio Profesional.
  • Documentación acreditativa da titularidade do inmoble ou terreo (no seu caso).
  • Orzamento desagregado das actuacións a realizar, con indicación dos materiais a utilizar, custo dos mesmos, e custo da man de obra.
  • Proxecto sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso aos Servizos de Telecomunicacións (cando a normativa sectorial así o esixa).
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas.
  • Xustificante de pago da taxa segundo a ordenanza vixente (de ser o caso)

Nome: Solicitude de Licenza de Demolición.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.