Convocatoria selección personal laboral temporal para a creación dunha listaxe de contratación labor
O Concello de Rianxo publicou o día 03/09/2021 (BOP núm. 168) o anuncio para a creación dunha listaxe de contratación laboral temporal de axentes de igualdade.
O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación.
No suposto de que se presente a instancia fóra do Rexistro Xeral do Concello, será necesario adiantala por fax ao núm. 981 866 628 ou por correo electrónico a emprego@concelloderianxo.gal, antes do remate do prazo, para sexa tida en conta.
As instancias para participar neste proceso poden recollerse no mostrador de información do Concello, neste sitio web e na Sede electrónica municipal (sede.concelloderianxo.gal).