BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS DE CONCORRENCIA COMPETITIVA PARA AS ANPAS DE CENTROS ESCOLARES
EXP: 2025/A002/000002
Mediante este anuncio apróbanse as bases reguladoras das subvencións en réxime de concorrencia competitiva a favor das ANPAS de centros escolares de Rianxo. Estas bases xa foron obxecto de aprobación pola Xunta de Goberno Local o 15/05/2025 e actualmente, está a tramitarse a súa convocatoria para o ano 2025
Esta publicación non supón a apertura do prazo da convocatoria, senón que se trata dunha publicación previa á convocatoria correspondente ao exercicio 2025 para o seu xeral coñecemento. Proximamente tamén serán obxecto de publicación no BOP.