RECTIFICACIÓN DE ERRO MATERIAL NAS BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS
EXP: 2025/A002/000003
O 20/11/2025 publicáronse no BOP as bases reguladoras das axudas para a promoción de actividades levadas a cabo por clubs e actividades deportivas, e a súa convocatoria para 2025. O 24/11/2025 aprobouse unha corrección de erro material e os apartados A e B da base 10.4 Criterios de valoración das solicitudes, mediante a Resolución de Alcaldía núm. 1400/2025. Nos próximos días, dita rectificación publicarase no BOP.
En virtude dos principios de seguridade xurídica, transparencia e publicidade, o prazo de 15 días naturais reiniciarase de novo tras a publicación da rectificación no BOP.
A través deste anuncio anticípase a publicación da rectificación, para o seu xeral coñecemento.