Sede electrónica Concello de Rianxo

08:20:42 Sábado 28 de xuño 2025
Estás en:

Información

Servizos Sociais

05/10/2020

Convocatoria das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo.

Convocatoria das axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo.

O Concello de Rianxo convoca as axudas destinadas á adquisición de dispositivos electrónicos, material escolar, e roupa e material deportivo para alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio(Primaria e Secundaria), para o curso escolar 2020-2021.

PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS

1. O alumnado de infantil poderá acceder ás axudas de:

  • Dispositivos electrónicos e accesorios

  • Material escolar

  • Roupa e material deportivo

2. O alumnado de ensino obrigatorio poderá acceder ás axudas de:

  • Dispositivos electrónicos e accesorios

  • Roupa e material deportivo.

TIPO DE AXUDA

  • Dispositivos electrónicos e accesorios: contía máxima da axuda do 75% da factura presentada cun máximo de 300€ por unidade familiar.

  • Material escolar: contía máxima da axuda de 50,00 €.

  • Roupa e material deportivo: contía máxima da axuda de 75,00 €.

REQUISITOS

  • As axudas irán destinadas ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio que dispoñan na súa unidade familiar de rendas familiares inferiores ao 1.5 do IPREM.

  • As familias destinatarias deberán ter a residencia e o empadroamento real e efectivo no Concello de Rianxo.

  • O alumnado destinatario deberá ter, no curso escolar 2020-21, a matrícula realizada nun centro de ensino do Concello de Rianxo.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

PRAZO DE SOLICITUDE    20 días naturais dende a publicación das bases no BOP

MÁIS INFORMACIÓN​​​​​​​

  • Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Rianxo (Estrada de Tanxil, 12.)

  • Teléfono: 981 860 061

  • Whatsapp: 604024012

  • Correo-e: servizossociais@concelloderianxo.gal​