Sede electrónica Concello de Rianxo

16:33:30 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións

A comunicación previa de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) quen construe repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.

Cando se presente CP de Primeira Ocupación parcial por edificios ou portais completos, deberanse de dar as seguintes condicións:
a) Que o estado de execución das obras autorizadas permita a súa utilización e ocupación con independencia da parte do edificio ou a construción inacabada.
b) Que a parte para cuxa ocupación ou utilización solicítese comunicación previa fose executada integramente de conformidade co proxecto autorizado e, se procede, coas súas modificacións e coas condicións da licenza urbanística outorgada.
c) Que a súa utilización e ocupación e o final das obras non se interfiran mutuamente de forma grave.
d) Outras que establezan as ordenanzas municipais da edificación, se procede.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade da persoa representante e da persoa interesada coa autorización escrita desa última ou copia de poder para actuar en representación. No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade da persoa que presenta (nin da persoa interesada no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • Certificado acreditativo da efectiva e completa finalización das obras subscrito por técnico competente, visado polo colexio profesional (Certificado final da dirección de obra) (art. 146.f. LS)
  • Documentación do estado final do edificio no caso de haber modificacións.
  • Xustificantes de alta no catastro (Modelo 900D).
  • Certificación emitida polas empresas subministradoras dos servizos públicos da axeitada execución das acometidas ás redes de subministración (art. 146.g LS)..
  • Rexistro do certificado de eficiencia enerxética-cando sexa de aplicación (artigo 8. D 128/2016).
  • Informe de ensaio acústico-cando sexa de aplicación (artigo 10 D106/2015).
  • Fotografías de todas as fachadas do edificio.
  • Documentación xustificativa da posta en funcionamento das instalacións executadas no inmoble de conformidade coa súa normativa reguladora (art.146.g LS).
  • Boletín de instalación de infraestruturas comúns de telecomunicacións (edificios de mais de 20 vivendas certificado de obra).
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

Nome: Comunicación previa de primeira ocupación de edificacións.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.