Sede electrónica Concello de Rianxo

16:52:54 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de instalación de terrazas

A Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas deberá presentarse para solicitar autorización para a instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.
  • Modelo normalizado de Rianxo.
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo.
  • As solicitudes de autorización que se presenten para a nova instalación dunha terraza ou para a modificación dunha xa concedida irán acompañadas da seguinte documentación:
    • Fotocopia da licenza de apertura do establecemento ou referencia ao seu expediente de concesión ou transmisión, ou no seu caso, da comunicación previa ou declaración responsable.
    • Relación dos elementos que se pretendan instalar, con indicación expresa do seu número e bosquexos ou fotografías ou montaxes nos que se poidan apreciar as características, con expresa indicación do material, cores e logotipos.
    • Plano de situación da terraza dentro do espazo urbano a escala 1:500, no que se reflectirá a superficie a ocupar.
    • Planos de detalle a escala 1:100 con indicación de todos os elementos de mobiliario, así como a súa clase, número, dimensións, total de superficie a ocupar e colocación destes consonte determina o artigo 18. Así mesmo, sinalaranse as medidas correspondentes á fronte de fachada do establecemento e largura da beirarrúa e, se é o caso, as árbores, zonas axardinadas, mobiliario urbano municipal existente, rexistros e arquetas dos servizos municipais e de compañías de servizos.
    • Documento acreditativo da vixencia e de estar ao corrente no pagamento da póliza de seguros a que se refire o artigo 9.
  • No caso de terrazas situadas en solo de titularidade privada incluirase, ademais, como documentación específica:
    • Acreditación da propiedade ou título xurídico que habilite para a utilización privativa do espazo.
    • Fotografías das fachadas próximas ao espazo pretendido para a situación da terraza.
    • Nas solicitudes de renovación das autorizacións concedidas no período de funcionamento precedente que impliquen modificacións puntuais soamente será preciso presentar a documentación que describa a modificación.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a ordenanza vixente.

Nome: Solicitude de Licenza de Instalación de Terrazas.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter do silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de resolución: 2 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.